Pois nos teremos que entrar tamén no #beef da #auga, pois unha das últimas cousas que desenvolvimos foi engadir a industria da Auga no #GalizaTTD. Iso si, facémolo do lado dos que fixeron os cartaces en galego :galician_heart:
https://www.xataka.com/magnet/no-queremos-cabreiroar-a-competencia-galicia-asiste-a-guerra-civil-publicitaria-sus-dos-marcas-agua #nocabreiroarse
#cabreiroar
#beef #auga #GalizaTTD #nocabreiroarse #cabreiroar
Tal día coma hoxe de 1494 asinouse o tratado de Tordesillas. vos preguntaredes que terá iso que ver con #OpenTTD. Pois que nos o interpretamos o noso xeito e o noso mapa de #GalizaTTD comeza xusto en Tordesillas e se extende ata o Atlántico.
Como se adoita dicir por aquí, temos globiños! 🎈
O outro día vin un e quedeime pensando que non os tiñamos no xogo, así que estiven facendo probas e bueno, velaquí o resultado.
O amarelo da dereita leva as cores do xogador. Como o vedes, gustaríavos que inclúa máis deseños? #GalizaTTD #OpenTTD
Algunhas das novidades que estamos a introducir nesta versión están relacionadas coa movilidade sostible: Máis tranvias, zonas peonís, con xente andando por elas, e moitas, moitísimas opcións de decoración pra facer parques, bulevares e todo tipo de entornos urbáns ou rurais! #GalizaTTD
Acabo de restablecer a partida co mapa de #GalizaTTD no servidor, de #OpenTTD xa que houbo unha pequena incidencia técnica e xerouse un novo mapa por erro.
Actualmente esta partida está moi avanzada, co mapa no estado o que se chegou tras xogar durante meses máis de 15 persoas.
Na actualidade estamos a traballar nunha nova versión con máis personalizacións e que iremos desvelando de a poucos.
Deixovos algunhas imaxes do estado actual, por se queredes entrar botarlle unha ollada!