Krea Televisión · @kreatv
136 followers · 81 posts · Server kolektiva.social
Naiïde 🌻 · @naiide
64 followers · 267 posts · Server kolektiva.social

Levo tempo desconectada da militancia en organizacións. En parte por circunstancias personais, mais pola outra banda tampouco atopo espazos nos que me sinta cómode. Gustariame que abrísemos o caixón dese estatismo agochadamente socialdemócrata e esencialista que estraga tantas organizacións na Galiza. Non é ningún segredo que en diversos comités antifascistas hai elementos moi reaccionarios, un "imperialismo vermello" que se disfraza de antifascismo, unha visión personalista da historia que idolatra a uns cantos grandes líderes, unha nostalxia pola mitoloxía da vangarda revolucionaria... Véxase o comité de Lourinha, un dos máis activos, pero que a súa "militancia" (se se lle pode chamar así) redúcese a pintar Z polas paredes e facer propaganda do imperialismo ruso.

Hai unha presenza escura deste estatismo --pretendidamente revolucionario, mais en realidade fondamente conservador-- nos espazos de militancia popular mentres que a actividade de corte máis libertario atópase, no mellor dos casos, difusa e descoordinada ou, no peor escenario, marxada ela mesma de esencialismos bioloxicistas e cedendo ante o universo discursivo leninista.

A CNT comeza a ter máis actividade no país, mais non remato de me sentir a gusto tendo que pagar pola miña propia militancia (non conto actualmente con fontes de ingresos en absoluto, vivo duns aforros trapalleiros que axiña rematan). Alén disto, considero que se precisan máis formas de militancia que veñan a complementar ao sindicalismo: penso que o sindicato é un modo de organización que, se ben é necesario no lugar de traballo, precisamente atopa as súas limitacións no seu vencellamento á división capitalista do traballo social.

Hai moitos aspectos a criticar no panorama político galego, se ben hai que lle recoñecer que se trata dun ambiente abraiantemente dinámico. Plataformas adicadas a causas ad hoc agroman aquí e acolá, sexa a coordinadora contra os macroeólicos, a plataforma pola defensa das pensións e os servizos públicos, intentos de xestión de novos modelos de vivenda... atopamos tamén pequenos centros sociais autoxestionados que revitalizan a vida social na cidade e no rururbano. Atopamos actividades e esforzos moi diversos, mesmo en casos nos que se adoece deste reformismo estatista e sen ambición.

Mais o que quero aquí é criticar ese imperialismo vermello. Dóeme que xente con ganas de militar e que honestamente queren mudar algo neste mundo maldito desboten as súas enerxías avogando por un conservadurismo cunha nova bandeira. O caso do comité "antifascista" de Lourinha e a súa normalización no panorama antifascista do país non deixa de me desmotivar. É tristemente común a exaltación irreflexiva de reximes coma o de Putin ou o de Xi Jiping por simple oposición á OTAN (o cal está xenial! o antifascismo ten que ser antiOTAN, mais non deste xeito, non póndose do bando doutro capital distinto) así coma o acirramento en leturas que teñen máis de panfleto ca de teoría mentres se despreza facilmente o anarquismo "porque é de parvos ou de mentes inmaduras". Porque esa é outra: o paternalismo co que falan de si mesmos, a pretendida vangarda da revolución que non é máis ca un grupúsculo conservador.

Estou farta de que esta xente estrague espazos que non lle pertencen, do seu pseudomaterialismo patriarcal, de que non se lle expulse e se lle faga o xogo de se acusar es unhes aes outres de "revisionismo". Que lle den á "left unity", eu teño claro que ao mínimo azo de cambio social toda esta xente xogará na nosa contra.

#antifascismo #anarquismo #galiza #comunismo #imperialismo #rojipardismo #otan #antifascista #estatismo #reformismo #Revolucion #lourinha

Last updated 2 years ago

Don Trueten :verified: · @thomas
454 followers · 2258 posts · Server mastodon.trueten.de

: – La Ultima (2004)

Heute zeigen wir im Blogkino mit Filmen zum Thema Ⓐnarchismus "Asturias - La Ultima Revolucion Obrera" aus dem Jahre 2004. die von Xuan beschäftigt sich mit der in , "(...) einem im Oktober 1934, der Teil des von den in ganz organisierten revolutionären |s war, der als von 1934 bekannt wurde und nur in Asturien voll zum Tragen kam, vor allem, weil sich dort die anarchistische dem von den Sozialisten der und der PSOE vorgeschlagenen anschloss, anders als im übrigen . Die soziale und politische Organisationsform der asturischen Kommune - der Name, unter dem die asturische Revolution wegen ihrer Ähnlichkeit mit der Pariser von 1871 auch bekannt ist - war also die Errichtung eines sozialistischen Regimes in den Orten, in denen die Sozialisten (oder ) vorherrschten, wie in Mieres, wo die Sozialistische Republik ausgerufen wurde, oder in Sama de Langreo; oder freiheitlich-kommunistisch, wo die - der CNT vorherrschten, wie in und vor allem in La . Die asturische Kommune wurde von der CNT und der asturischen Kommune hart unterdrückt.

Er wurde von der radikal-zedistischen Regierung von Alejandro , gegen die der Aufstand angezettelt worden war, weil drei Minister der nicht-republikanischen -Partei in die Regierung aufgenommen worden waren, mit aller Härte unterdrückt, und auf Beschluss von General , der die militärischen Operationen von aus leitete, wurde auf die marokkanischen Kolonialtruppen - die regulären Truppen der Armee von - und die Legion aus Spanisch- zurückgegriffen. Trotz ihrer Niederlage wurde die Asturien-Revolution für die spanische und europäische Arbeiterlinken fast zu einem Mythos, auf einer Stufe mit der Pariser Kommune oder dem |er von 1917, da sie die "letzte, wenn auch gescheiterte, soziale Revolution Westeuropas" war. (...)" wikipedia.es

trueten.de/archives/12518-Blog

#Blogkino #Asturias #Revolucion #Obrera #Dokumentation #Candario #Revolution #Asturien #Arbeiteraufstand #Sozialisten #Spanien #generalstreik #oktoberrevolution #cnt #UGT #Arbeiterbündnis #kommune #Kommunisten #anarcho #Syndikalisten #gijón #Felguera #Lerroux #CEDA #Franco #Madrid #Afrika #Marokko #Petrograd #Sowjet #anarchismus

Last updated 2 years ago