Desde que comezou o #Culturgal penso que deixei de ir nun par de ocasións, como público e algunha vez como expositor. Mesmo participei como voluntario no #Achegarte, que recollía o espírito do Culturgal aquel ano.
Nos primeiros anos mellorou moi rapidamente, había moita ilusión.
Moitas iniciativas aproveitaban o Culturgal para o seu lanzamento. Era unha auténtica feira das industrias culturais, aínda que sen acabar de definirse como feira profesional ou feira de vendas.