@franleiro non hai de que 😉 , que se alguén entra e ten educación para saudar pois hai que corresponder.
Aquí hai moita educación e todo iso 🦄 🌈
🤣
Mira na Cronoloxía Local e nas conversas para atopar xente e temas que poidan ser do teu interese. Tamén podes seguir #cancelos 👌 , non dubides en participar.
Vaia turra che soltei sen vir a conto :blobpeek: 🙏 Desculpa, ti dalle e chafulla, que non rompe! 😄 É o mellor xeito de comezar.
Unha das cousas que máis chaman a atención ao entrar a #mastodon con respecto a #twitter son as pesquisas.
Non se busca por palabras, senon por #cancelos.
Se queredes aparecer nas pesquisas que fagan outras persoas, usade cancelos.
E para facilitar a #accesibilidade, é aconsellábel poñer maiúsculas nas primeiras letras destas #PalabrasChave.
#mastodontips #mastodon #twitter #cancelos #accesibilidade #palabraschave
@roicou 🤷 pódelo facer desde mastodon gal.
En todo caso, usa CW se non queres molestar e #cancelos para que a xente poida atopar os temas que queres comentar.
Está en desenvolvemento a ferramenta "grupos" para activitypub (o fediverso, e mastodon en concreto), polo que será útil para limitar o ámbito do alcance das túas publicacións, pero por poder, ti comenta desde aquí o que estimes.