gatavagabunda · @gatavagabunda
52 followers · 23 posts · Server mastodon.bida.im

En la costa desaparecida (Francisco Serrano)
Crímenes ejemplares (Max Aub)
Cuentos nuevos (Emilia Pardo Bazán)
Diario de Cinecittà (Fernando Fernán Gómez)
Olvidado Rey Gudú (Ana María Matute)
El estado natural de las cosas (Alejandro Morellón)
Arcano trece. Cuentos crueles (Pilar Pedraza)

#castigliano #castelán #castellano #spagnolo #7books #7libri #7libros

Last updated 2 years ago

Naiïde 🌻 · @naiide
40 followers · 87 posts · Server kolektiva.social

Unha dúbida para a comunidade de @/mastodon.gal e para calquera galegofalante que me lea: como é a túa relación ca lingua? Quero dicir, no íntimo, como vos relacionades con ela (e a través dela)? O meu galego é o que me deprenderon, moi semellante ao "oficial" castelanizado, mais non sei como me posicionar en torno a cuestións coma a norma ortográfica a utilizar.

Eu considero que ningunha institución, sexa cal sexa, debe soster autoridade sobre o uso da nosa lingua. Porén, isto non significa que haia que aceptar acriticamente a primeira representación do galego que se nos é ofrecida na vida, posto que esta pasividade é tamén ata certo punto política. Cheguei á conclusión de que o mellor é, por unha banda, achegarse e recuperar o máximo da variedade dialectal local tal e coma o falaba a xeración des noses avoes e bisavoes, e pola outra banda, aceptar que a lingua é algo que se constrúe co seu uso, que o significado das verbas refírese ao seu propio uso, prefigurar a túa propia comprensión do galego ao tempo que descubres e redescubres a fala...

Mais quero coñecer outras opinións. Que opinades do uso da norma da RAG? E da reintegracionista? Da norma de mínimos? Obviamente, sabendo que o único galego mao é o que non se fala.

Moitas grazas de antemán!

#galego #lingua #fala #castelán

Last updated 2 years ago

A Mesa pola Normalización · @amesanl
139 followers · 55 posts · Server mastodon.gal

Parabéns, A Coruña! 💙

A loita social pola aprobación desta ordenanza foi constante dende hai moitos anos.

RT @TSXGalicia@twitter.com

⚖️O @TSXGalicia@twitter.com rexeita o recurso da asociación Hablamos Español contra a ordenanza de uso da lingua galega no Concello da . Na sentenza, destaca que o texto "recoñece expresamente o como lingua oficial"
@HablamosE@twitter.com @ConcelloCoruna@twitter.com

🐦🔗: twitter.com/TSXGalicia/status/

#coruña #castelán

Last updated 2 years ago