Dun tempo a esta parte volvín recuperar a afección por coleccionar álbums de cromos. Non hai moito terminei un de Harry Potter e agora estou co de Stranger Things. Unha cousa levou á outra e acabei nunha web de intercambio de cromos. Agora vou camiño da oficina de correos para lle enviar un cromo a unha muller que vive en Madrid.
#cromos #cousas #comecartos