-> Perfil do perfil <-
:gal: As mensaxes bórranse aos 15 días. Non me da a vida para facer un blog, nin o que digo vale o que custa almacenalo
Escribo en galego porque é unha língua que perde falantes no ensino secundario⚠️. Se es profe, fala galego. (Bilingüismo animal mitolóxico)
Baixo o cancelo #PrivacidadeCotiá digo trucos sinxelos para ter unha vida dixital con algo máis de #privacidade
Por último, busco persoas interesadas na defensa dos #dereitosdixitais en España. Únete
#privacidadecotia #privacidade #dereitosdixitais
Inmediatamente, análises e estudios demostraron que non hai tais prácticas monopolísticas porque...
-o electorado non o reclama
-as consumidoras non o demandan
-e porque... non sofres dano económico ningún.
[https://spreadprivacy.com/privacy-companies-call-for-vote/]
[https://www.uschamber.com/finance/antitrust/the-numerous-significant-flaws-in-the-american-innovation-and-choice-online-act]
#dereitosdixitais #privacidade
PrivacidadeCotiá
[1/2] QuixotesDixitais:
Algúns humanos aínda cren poder resistir o capitalismo da vixilancia.
Este mes, na India, a Comisión da Competencia (CCI) abriu unha investigación antimonopolística contra Ghughel. Inmediatamente Ghughel demandou á CCI por terse filtrado o informe.
[https://www.reuters.com/world/india/google-suing-india-antitrust-watchdog-investigation-report-leak-2021-09-23/]
#dereitosdixitais #privacidade
PrivacidadeCotiá: as túas orellas son túas.
A forma da túa orella é un dato biométrico especialmente protexido que permite identificarte desde unha cámara ubicada nun espacio público, aínda que leves máscara ou afeites.
A nova actualizaxión do iOS 16 invita ás persoas usuarias a escanear a súa orella e a forma da súa testa.
#privacidade #dereitosdixitais
PrivacidadeCotiá: que é a Intelixencia Artificial? [1/4]
A) Unha computadora capaz de tomar consciencia de si mesma e destruir a humanidade? :redtick:
B) Unha computadora capaz de procesar TODOS os datos que levas espallando desde fai 10 anos (videos de gatos pequenos incluidos) para aforrar postos de traballo (o teu incluido)? :greentick:
Se queres saber como é o conto ou por que o teu voto vale millóns, abre este fío ->
#privacidade #dereitosdixitais #intelixenciaartificial
DereitosDixitais en :flag_gal:
Podes comprobar nesta páxina da ONG "The Markup" (https://themarkup.org/blacklight?) se unha web te marca e avisa a terceiros* cando a visitas. *(Feisbuc, Ghughel, Orakel, entre outros).
Por exemplo, Feisbuc e Ghugel marcaban a mulleres que mercaban "a píldora" na tenda online "Hey Jane", despois incluso da derogación da sentencia Roe v. Wade.
1/4
via @thenewoil
#dereitosdixitais #privacidade
A asociación alemá @digitalcourage de defensa dos #dereitosdixitais fai unha campaña contra a presenza de rastrexadores na app "DB Navigator" da "Renfe" da Alemaña (a Deutsche Banhof "DB").
Haberá rastrexadores nas apps da Xunta?
App: n° de rastrexadores
-DB Navigator: 5
-Transporte Público de Galicia: 1
-Passcovidgal: 1
-DOG: 2
-Abalar Mobil: 2
-Meteogalicia: 3
-Sergas Móbil: 3
-"Wachap": 1
Fonte dos datos:
https://reports.exodus-privacy.eu.org
via @kuketzblog
/108821951067453025