e hélio 🐗 (-e) · @fracofavor
179 followers · 1036 posts · Server mastodon.gal

Semana pasada lin Putança, da M. A. Barreira (@meninaarroutada no insta), un poemario coma a súa autora, pequeno pero potente e directo. Un poemario con dentes incisivos que morde calquera man que se lle achegue. Un grito coa forza de todas as putas do mundo que non viven con vergoña nin culpa. Un canto á independencia dos corpos que habitamos. Cousa brava de libro ❤️

#lerengalego #poesiagalega #literaturagalega

Last updated 1 year ago

Pura Salceda · @purasalceda
43 followers · 36 posts · Server mastodon.gal

MARZO

Floretes loitan
nas encrucilladas,
áxiles, rápidos,
logo rotos sobre as pedras da rúa.
Sombras nos tellados,
negras, verdes, pesadas.
Rápido un anaco azul
quédase nunha pozaca.
As cornisas non tenen anxos,
a vila non é paisaxe;
as torres, quedas, presencian a loita
do vento nas calles.

("Sombra do aire na herba", Luis Pimentel)

#luispimentel #poesiagalega #sombradoairenaherba #marzo

Last updated 2 years ago

Pura Salceda · @purasalceda
43 followers · 34 posts · Server mastodon.gal

Feliz de poder compartir xuntanza, o vindeiro sábado 22 de abril, con compañeiros escritores en lingua galega en Cataluña.

#literaturagalega #poesiagalega #escritoresengalego #catalunaegalicia

Last updated 2 years ago

Casdeiro · @casdeiro
176 followers · 40 posts · Server 15-15-15.social
Pura Salceda · @purasalceda
43 followers · 35 posts · Server mastodon.gal

"Xa máis nada hai que conformidade.
Nin queda a dignidade da revolta."

De: "Cidade virtual", 2003

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO, traducido del gallego por Pura Salceda, en lareversible.blogspot.com/

#salvadorgarciabodano #poesiagalega #poesia

Last updated 2 years ago

Marcos Taracido · @marcostaracido
194 followers · 488 posts · Server mastodon.gal

INVERNO

Nas portas da cos cotenos
un trasno xa descretado.
O fume daquel tellado
escribe un conto pra nenos.
Ruxe abourante o trebón
coma un baixo de orfeón.

Eduardo Blanco Amor

#poesia #poesiagalega

Last updated 2 years ago

Pura Salceda · @purasalceda
23 followers · 13 posts · Server mastodon.gal

Tan só Berlín
ten o teu nome escrito no cristal dun café
unha tarde de chuvia.

(De: "Ese lugar extraño", en "De Rosa Antiga", Galaxia, 2022)

#helenavillarjaneiro #poesiagalega #poesia #derosaantiga #editgalaxia

Last updated 2 years ago