Pura Salceda · @purasalceda
43 followers · 36 posts · Server mastodon.gal

MARZO

Floretes loitan
nas encrucilladas,
áxiles, rápidos,
logo rotos sobre as pedras da rúa.
Sombras nos tellados,
negras, verdes, pesadas.
Rápido un anaco azul
quédase nunha pozaca.
As cornisas non tenen anxos,
a vila non é paisaxe;
as torres, quedas, presencian a loita
do vento nas calles.

("Sombra do aire na herba", Luis Pimentel)

#luispimentel #poesiagalega #sombradoairenaherba #marzo

Last updated 2 years ago